A Lanzada

Licenciada en Filoloxía Inglesa e Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Master en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Vigo. Diploma en Formación para a Igualdade e Curso de Dirección Estratéxica e Marketing de proxectos da Xunta de Galicia. Curso de Especialización de Turismo Gastronómico no Basque Culinary Center. Actualmete cursando o Programa Superior en Dirección de Empresas turísticas do EAE Business School e a Universitat de Lleida.

Xerenta de Turismo da Coruña de 2016 a 2021, implementei experiencias, programas e actividades baseadas en dúas premisas: a posta en valor do ADN social e cultural do territorio e a atracción de visitantes responsables, cunha énfase especial na mellora do turismo cultural, gastronómico, náutico e a posta en valor do Camiño Inglés.

Xestora creativa no ámbito do turismo cultural, experiencial e activo; durante a miña actividade universitaria (2001-2015) – primeiro na Casa Europa – e logo como Xerente de Cursos Internacionais da USC, posicionou Santiago de Compostela como referente do turismo idiomático en Galicia.