A Lanzada

Responsabilidade, compromiso, identidade, análise, estratexias, experiencias, autenticidade, emoción

A miña experiencia estivo fundamentalmente unida á xestión pública.

A miña actividade na xestión pública estivo primeiro vinculada á Universidade de Santiago de Compostela e despois ao concello da Coruña.

As miñas funcións desenvolvéronse primeiro dentro do campo das relacións internacionais do Grupo Compostela de Universidades, e despois, como directora da Casa de Europa, enfocada no segmento de xestión cultural e de organización de congresos e eventos. Posteriormente ocupei o cargo de xerenta de Cursos Internacionais da universidade, centrando a miña actividade en posicionar Santiago de Compostela como referente do turismo idiomático en Galicia.

Misión

Deseñar e executar plans e experiencias turísticas sostibles a longo prazo que teñan un impacto positivo no territorio de implementación

Visión

Unha industria do turismo sostible e ética que nos permita protexer e gozar do patrimonio cultural —material e inmaterial— e natural

Valores

Centrada nos valores humanos. As persoas son importantes. Os proxectos fanos as persoas e para as persoas

Últimos artigos